Blogia

EPABLOG

 Hai moi pouqiño tempo que a nosa querida alumna Luisa Rodríguez perdeu ao compañeiro de toda unha vida: o seu marido Arsenio Valladares. Dende a nosa clase da EPA, temos esa pequena fiestra ao mundo que é o EPABLOG, a través do que tanto Luisa coma a súa neta lle queren enviar unhas sentidas palabras a Arsenio.  Estamos seguros de que dalgún xeito lle han chegar.

 

 

Al amor de mi vida:

       Mi amor espero que  estés en el cielo ocupando un  lugar tan grande  como vacío  has dejado en nuestros corazones.

       Esta casa ya no es nada, ya no hay quien la  llene, para mi es insoportable me levanto, miro para la fruta pero ya no tengo a quién pelársela,  no tengo quien me diga ¡Qué no voy a comer esa platada¡ Y  al fin tú la comías.

      Pongo la mesa, me falta todo: tu sitio lo ocupa tu hijo. Estamos más unidos que nunca. Esa era tu alegría.

      Cariño te fuiste y no me dijiste nada. ¡Qué desconsuelo tan grande! Sólo me queda el recuerdo  de la  última mirada que fue de tanto amor que me recuerda la misma mirada del día que nos conocimos y nos miramos por primera vez.

     ¡Ya no tengo lágrimas¡ A pesar de que estoy haciendo una escalerita con ellas para pronto poder llegar a estar contigo. Mi amor no te olvidaré jamás.

     Pero ya será la última  vez que te escribo porque sé que no me la vas a contestar.

 

 

AO MEU AVO

         

     Aquela música inspirábame recordar

     O meu avoiño que está na bela mar

     Do inmenso ceo: o seu fogar

 

     Dende que se foi.

     Non fago mais que pensar

     No que o quería,

     E no que o hei  estrañar.

 

     -Avoiño.avoiño-digo  o anoitecer-

     axúdame na vida que,

     falta me ha facer.

 

    Sei que ti estás o meu lado,

    Que me protexes do mal

    Que ves as noites velarme o sono,

    ¡Como quixera que fora real¡


    Estás vivindo con nos.

   A túa casa e alegría

   A luz que desprende o teu recordo,

   Ilumina a miña vida.

 

  Algún día avoíño,

 Nalgún lugar te verei e

Mentras chega ese día,

Con cordas de tristeza

 O meu corazón te atarei.

 

 

 

 

NÚMEROS ROMANOS

Neste enlace podemos aprender a emprega-los números romanos: as reglas, as letras e a súa colocación... Ademáis temos a oportunidade de practicar facendo os exercicios propostos.

O ESQUELETE

Saberías onde están os ósos principais do noso corpo ?

 


Os músculos

Os músculos

 

Saberías onde están os músculos máis importantes do noso corpo?

Imos ver... 

Medidas de lonxitude

 

Imos estuda-las medidas de lonxitude:o metro, o centímetro ... Todo isto saberémolo..., se nón as medidas tomareinas eu ¡¡¡¡¡

 

Novos exercicios de ortografía


Imos repasar un pouquiño de ortografía da Lingua española.

 

MAPAS INTERACTIVOS

MAPAS INTERACTIVOS

 

Dende este enlace podemos acceder a un montón de mapas. Imos aprender un montón de xeografía case sen decatarnos. Ríos, relevo, océanos, paises... todo o noso alcance.

 

Aprendendo a multiplicar


A partires de agora xa non podemos dubidar de cantos ceros temos que engadir cando multiplicamos pola unidade seguida de ceros... ¡Veña! A practicar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2007

 

                                      

Este ano o día das Letras Galegas está adicado á escritora María Mariño .

Temos que saber un pouquiño máis sobre ela.

práctica slideshare

Relevo de España

 

Imos aprender algo máis sobre o relevo de España e despóis

faremos unhas pequenas actividades sobre o tema.

                  Mapa relevo de España

Educadultos

Un blog moi moi interesante onde podemos atopar contidos sobre a educación en xeral e especialmente sobre o "mundo da educación de adultos"

MAPAS

 

Lámina das Comunidades Autónomas de España

Enlace que nos da acceso ós Mapas de cada unha das provincias españolas

TRADUTOR

Dende aquí podes acceder ó Tradutor Galego-Español; Español-Galego que creou a Universidade de Vigo. Pode ser moi útil ¡¡¡

 

DICCIONARIOS

Facendo click no diccionario podemos buscar definicións de palabras, sinónimos ou a súa traducción do español a varios idiomas: inglés, francés e portugués.

 

 

NORMATIVA OFICIAL DO GALEGO

NORMATIVA OFICIAL DO GALEGO

 

A nova normativa do galego do ano 2003 presenta algúns cambios. Espero que este enlace vos sexa útil e que podades resolve-las vosas dúbidas.

A Real Academia Galega é  a encargada de establecer as normas do uso correcto do galego. Dende aquí podes acceder a súa páxina web, con moita información interesante, coma a do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que celebramos cada 17 de Maio e que este ano está adicada a Manuel Lugrís Freire.

                                   

DICCIONARIO DE GALEGO

¿Non sabes o significado dunha palabra?  

     Fai cilck no diccionario de galego

                

       e resolverás as túas dúbidas.

ACTIVIDADES DE ORTOGRAFÍA

           

Moitas veces temos dúbidas cando imos escribir unha palabra: será con b ou con v, leva ou non leva tilde, debería por unha coma ou un punto.... Aquí atoparemos moitos exercicios para mellorar a nosa ortografía en español.

ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA

ACTIVIDADES DE  COMPRENSIÓN LECTORA

¿Comprendemos ben o que lemos? Ímolo comprobar coa axuda do noso amigo e protagonista: Matías. ¡Non perdades detalle!  

QUERES SABER ALGO MÁIS DA VIDA DE...

Se queres coñecer algo máis sobre a vida dalgún personaxe histórico ou dalguén famoso, podes acceder dende aquí. Soamente terás que escribi-lo seu nome e apelidos  para ler a súa biografía.